Amosando publicacións coa etiqueta Rio Sor b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rio Sor b>. Amosar todas as publicacións
martes, 1 de novembro de 2022
venres, 30 de marzo de 2018
martes, 13 de decembro de 2016
Os últimos resquicios do outono na Ribeira do Bispo. (Río arriba)
Os meus ollos non se cansan de contemprar a beleza das suaves curvas que fai o río,
os cabalos salvaxes que pastan na súas beiras,
as mazás maduras esparcidas pola aira,
os castiñeiros, as aveleiras, os carballos, piñeiros, salgueiros, …
E enriba, o ceo, dono de este val, cheo de lembranzas doutros outonos esquecidos, e de longos días chuviñentos da invernia que está por chegar.
As aveleiras refulxen co resplandor do outono, hoxe, un 10 de decembro, vai calor, ainda que un airiño maino aloumiña as follas das arbores desta fraga de ribeira.
Pasiño a pasiño vou río arriba, deixome levar, o silencio engaiolame os sentidos, e mentres disfruto da camiñata, lembrome de outros outonos.
Núos pés en herba da tarde.
Tento en chasquido da folla seca,
acastañada do sol.
Mau arrincando cascamelos verdes
e bailaretes dun carballo.
Xesteiro florido anaga a tarde
de marelo intenso do ulido doce.
A trote vai un cabalo.
Silencio.
Vida no son dende min,
no son do rego ao lonxe,
na abella acochada na ortiga,
no vaivén da póla do loureiro
que chama polo vento
Medos Romero
os cabalos salvaxes que pastan na súas beiras,
as mazás maduras esparcidas pola aira,
os castiñeiros, as aveleiras, os carballos, piñeiros, salgueiros, …
E enriba, o ceo, dono de este val, cheo de lembranzas doutros outonos esquecidos, e de longos días chuviñentos da invernia que está por chegar.
As aveleiras refulxen co resplandor do outono, hoxe, un 10 de decembro, vai calor, ainda que un airiño maino aloumiña as follas das arbores desta fraga de ribeira.
Pasiño a pasiño vou río arriba, deixome levar, o silencio engaiolame os sentidos, e mentres disfruto da camiñata, lembrome de outros outonos.
Núos pés en herba da tarde.
Tento en chasquido da folla seca,
acastañada do sol.
Mau arrincando cascamelos verdes
e bailaretes dun carballo.
Xesteiro florido anaga a tarde
de marelo intenso do ulido doce.
A trote vai un cabalo.
Silencio.
Vida no son dende min,
no son do rego ao lonxe,
na abella acochada na ortiga,
no vaivén da póla do loureiro
que chama polo vento
Medos Romero
Aqui vos deixo a entrada do pasado outono pero río abaixo
domingo, 13 de decembro de 2015
Outono na Ribeira do Bispo (Río abaixo)
O río dos meus soños.
Esta brisa máxica do outono, de tardes cortas todavía, Camiñando en silencio, ollando as cores da natureza, que conmoven os sentidos e nos enchen de luz o corazón.
Quero ter para ti as miñas verbas máis sinceras, recordar os outonos camiñando polas beiras de ríos e regatos, mentres vexo empobrecer o corazón da xente. Acontece entón que as miñas lembranzas no son as túas. A pesar de todo cando chega o outono e volto a pasear polos nosos ríos teño unha lembranza agarimosa
POEMAS AO OUTONO
Agora que é Outono, miña amiga,
miña amante e sinxela compañeira,
habémonos chegar deica a ribeira
onde a brisa deixou unha cantiga.
E que sexa Outono quen nos diga
os segredos que ten a sementeira,
como se foi espindo a carballeira
e que promesas granarán na espiga.
Nós sabémonos puros e cumpridos
ao sentirnos tan un e tan xunguidos
nesta paisaxe lene e musical.
¿Non lembras, en Outonos xa vividos,
ao río retratar no seu cristal
os soños que coidábamos perdidos...?
Manuel María
luns, 9 de novembro de 2015
"Outono no muiño de Arganzo (A Barcia) "
![]() |
| Tramo ro río encaixado na canle no muiño de Arganzo |
O Sr. José e a súa Dona, coma sempre saíron a saudarnos, a verdade é que viven nun lugar privilexiado, a propiedade conta con un muíño de tres séculos que segue en activo, agora so en contadas ocasións. O Sr José é o último dunha saga familiar de muiñeiros que se dedica a moer trigo e maínzo en Arganzo, este muíño, que antano facíase imprescindible, aínda hoxe segue xerando a súa propia luz. Alí todo é artesanal, como nos seus inicios: as pezas vanse repoñendo, pero están elaboradas polo propio dono. A súa estrutura é simple: unha modesta edificación de pedra por cuxo interior discorre o tramo dun río previamente encaixado nunha canle que dá paso a unha especie de fervenza.
Cóntanos José que antano os lugareños baixaban ao muiño cunha moenda que chegaba aos 50 quilos a lombos dun burro por un camiño estreito, a congostra, onde sorteaban rutas que ían dende San Pantaleón, pasando por Ambosores, na provincia de Lugo, ata As Grañas. e nas festas máis importantes da zona, San Antonio, San Pantaleón e San Mamede, o forno non cesaba de cocer en tres días: cociñábanse durante estas festividades case un centenar de doces dunha repostaría única na zona: roscón de anís, biscoito, brazo de xitano, torta de améndoa e mazá, empanada... A nai de José poñía a fariña e cada un dos asistentes, o que podía achegar á celebración.
Hoxe, de novo, o Sr. José ensinounos o muíño, e púxoo a moer para nós. E como en ocasións anteriores, convidounos a volver de novo.
Hai uns anos na Voz de Galicia saíu unha reportaxe sobre o muíño de Arganzo.
luns, 10 de marzo de 2014
En lembranza de María pequena
Alindaba na vaca, na beira do río, e de cando en vez, botaba unha toqueada


E lle falaban as berzas
e lle susurraban en sonos
seica nos esquecidos ollos
Coma serpes mansas
estiveron os canhotos
coidando cas súas lembranzas
foran so antergos recordos
Bricd
Este poema non estaba na entrada orixinal, é un comentario dun amigo, pero gustoume tanto que quero que todos o poidan disfrutar.
Gracias Deícar.
Gracias Deícar.
domingo, 23 de febreiro de 2014
sábado, 25 de xaneiro de 2014
O CORAZÓN DO INVERNO
Esta é unha desas fotos, que me fan sentir especial, que me transmiten a beleza do inverno, nas beiras do río Sor, os que sodes de Grañas do Sor, ou vos desprazades a miúdo por esas fermosas paraxes sen dúbida recoñecedes o lugar, para os que non, direivos que é o val máis fermoso do río Sor, completamente sumido no abandono aquí están As Ribeiras do Bispo, o único que as salva de rematar cubertas pola maleza son eses cabalos que pacen polos campos, quen tivera cartos e 20 anos menos, non dubidaría un momento en reconstruír o lugar, por iso quero compartila con todos vos.
sábado, 14 de decembro de 2013
sábado, 30 de novembro de 2013
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)









































1-2.jpg)
+copiav.jpg)
+copia.jpg)
+copia.jpg)
+copiaaaa.jpg)


