Grañas do Sor

 Cuadrilla de RibaCuadrilla do Medio , Cuadrilla de BaixoO Bandido do Portobello


                                        As Grañas do Sor  

Situada no extremo sur do concello de Mañón  é a parroquia máis meridional e máis extensa do concello. Está dividida en tres cuadrillas, -a de Riba, a do Medio, e a de Baixo- todas elas delimitadas por regato.
A configuración orográfica é de pendentes suaves e chairas, agás a cunca do Sor onde fai contraste polas bravas estribacións e os fondos regachos preñados de vexetación autóctona. Na parroquia atópase a Pena da Faladora, que dá nome a toda a Serra (que desde As Pontes baixa a afundirse na Estaca de Bares); polo seu cume pasaba o camiño real ou camiño vello dos arrieiros, ateigado de mámoas dos tempos prehistóricos.
Esta é unha parroquia fermosa, que padece un proceso de desertización e disminución poboacional, máis que ten grandes e diversos recursos para evitar que isto vai a maís. As posibilidades que ofrece a riqueza agrícola, forestal e túristica, son moitas. Cunha fauna e flora rica e variada, cunha impresionante paisaxe vista  desde o cumio dos picos, cunhas corredoiras axeitadas para a práctica do senderismo, con magnificos cotos de caza e pesca, áreas recreativas -como as da Ribeira do Bispo e a do Refuxio do Cascón -, é un lugar ideal para o gozo do espacio natural. do patrimonio etnográfico, ou dos fogóns  do bon xantar.
É de lamentar o deterio e abandono que sofren os muiños e as casas -moitas delas  hoxe en estado ruinoso- e incluso algunha das pontes que se atopan sobre o Sor.
Dentro da historia real,  á marxe dun rico conxunto de  lendas e tradicións,   a da Pena da Faladora (di que o lugar chámase así pois xunto os picoutos enterraron con vida á dona do rei Remismundo, Hildefrida, calumniada de mandar matar un fillastro.  O seu home ordenou que os irmáns do difunto se vingasen. A raiña segue a vivir nas entrañas da terra e aínda hoxe, a calquera hora, se poden escoitar os seus laios cando alguén a visita.  
                                            Se ás Pontes vas
                                            e unha pedra oes falar
                                            é a dona de Remismundo
                                            co seu eterno penar.)

Nas Grañas  hai un personaxe moi peculiar. Nesta zona naceu o mítico bandoleiro Mamede Casanova, "O Toribio". un dos “bandidos” máis coñecidos  do tránsito  entre os séculos XIX e  XX, Nado no lugar de Portobello en 1882,  mantivo en xaque á Garda Civil ata que un día foi traizoado polo cura do Freixo e detido en 1902. Estivo en varios cárceres e saíu en liberdade en 1928 regresando ás Grañas disfrazado de esmoleiro. Foi visto na Coruña e incluso polas Rías Baixas, mais non se sabe onde nin cando morreu. Toribio  foi protagonista de novelas e contos de diversos autores e a súa historia era contada nas feiras en coplas de cegos.
      
Cabe reseñar que as comunicacións por estrada son boas e están ben indicadas.


2 comentarios:

  1. Me encanta España, más precisamente Grañas, pues tengo familia en Ortigueira. Mi padre es español y nacido en Granãs.Yo soy brasileña y en 2004 estuvo visitando Ortigueira y la familia. Costumbro decir que tengo mucho mas sangre español do que brasileño. Yo miré las fotos y todo esto me encanta. Gracias.
    Mercedes Lopez.

    ResponderEliminar
  2. Hai un par de fins de semá, facendo o primeiro tramo do Camiño dos Arrieiros, como rematamos no Freixo, contáronos a historia do Toribio.
    Lembro cando coñecín Grañas por primeira vez aló polo 2006 de de total casualidade. Encantoume a igrexa e sorprendeume ver o coidada que está. É unha lástima que estas zonas do rural esmorezan. Esa zona é moi fermosa e eu ainda non sendo nativa da zona non tería problema en vivir aí, sempre o penso cando paso pola zona.

    ResponderEliminar