Bares

 O Faro ,   O Semaforo ,   Os muiños ,   O Porto de Bares 
 
Estaca de Bares. A ollada do norte
Esta fabulosa foto e cortesía de Gabriel López Pérez do Bolg MAR DE ARTABRIA. 


Latitude 43° 47' 23.6" N, lonxitude 7° 41' 17.9" W. Na carta de presentación da punta Estaca de Bares sempre se inclúen as súas coordenadas como punto máis setentrional da península Ibérica e, ademais, divisoria xeográfica entre o océano Atlántico e o mar Cantábrico. O cabo foi un referente inescusable á hora de trazar os rumbos nos tempos anteriores á navegación contemporánea. Por este motivo aparece reflectido nos portolanos medievais e na cartografía náutica posterior; e, por iso, tamén foi o primeiro punto da costa galega dotado dun faro, dentro do Plan Xeneral de Alumbrado Marítimo de 1847. O punto e final encóntrase nunha pequena illa a chamada illa Coelleira que se encontra pechando a ría do Barqueiro.  Este enclave xa fora declarado Sitio Natural de Interese Nacional nos tempos da II República.
A esta situación estratéxica debe gran parte da súa sona internacional como paso obrigado para centos de miles de aves. A este punto conducen varias rutas migratorias de especies mariñas e terrestres procedentes do Atlántico, o Mediterráneo e o Ártico. As valoracións máis optimistas acadan cifras que exceden os dous millóns e medio de exemplares voando cara ao oeste os que por aquí pasan. É o lugar ideal para observar non só aves como, por exemplo, o mascato, senón tamén cetáceos en augas próximas. Ao igual que no resto da zona, a paisaxe aparece modelada pola acción do mar e do vento que erosionaron a montaña ata debuxar cantís de grande altura. Cantís, illotes, coídos e pequenos esteiros conforman un ecosistema de grande interese xeolóxico e biolóxico no que conviven a vida mariña, a avifauna, as matogueiras costeiras ou as dunas embrionarias. Boa parte deste espazo pertence tamén ao LIC (Lugar de Interese Comunitario) Punta Candeeira-Ortigueira-Estaca de Bares, integrado na Rede Natura 2000.
Ademais do faro, existe un miradoiro no antigo semáforo da mariña, convertido na actualidade nun hotel de natureza. Desde alí podemos ver os restos da base de control marítimo colgada sobre os cantís a carón da cal se pendura en vertixe unha sucesión de muíños que forman un conxunto que nos trae imaxes de terra máis ao norte. Con todo a intervención humana máis antiga é o peirao prerromano de Bares (Mañón).Si,  e certo que neste concello e neste pobo de Bares localizase un deses lugares, non só de Galicia, senón do Mundo, onde ainda perviven as pedras dunha obra de enxenería tan grande como antiga. O porto de Bares posúe unha excepcional importancia arqueolóxica, pois, coma unha lingua impasible sobre o mar, esparéxase un dique fenicio que data do que data do século VII antes de Cristo. A rica producción mineral das Pontes tiña a súa saida ó mar pola conca do Sor e polo camiño alto da Faladoira. Por ámbalas dúas rotas dirixíanse os mercaderes ó Barqueiro e a Bares, o porto máis boreal do Estado, e alí entraban en contacto cos comerciantes procedentes do Mediterráneo.
Na idade do bronce proseguíu o tráfico e construironse os castros. Pola mesma rota chegaron a Bares os que alí fixeron o dique que abriga o burgo de pescadores, aberto ós ventos do primeiro cuadrante e defendido dos do terceiro e cuarto.                  

Ningún comentario:

Publicar un comentario