Mañón

Caión e da Igresia    Ponte do Porto    Segade                                    

Nesta parroquia levántase, no seu maxestoso cumio ( 605 metros sobre o nivel do mar), a serra de Faladoira, lugar de nacemento de numerosas e variadas lendas populares. A Faladoira constitúe o anel máis ó norte do cordal galego.
A orixe do topónimo de Mañón non está suficientemente aclarado, ainda que hai quen o relaciona cun dos nomes de Hercules. En documentos antigos aparece escrito Maañón, para representar máis fielmente a pronunciación popular. Pero á marxen de lendas, ditos e tradicións, a actualidade desta parroquia non é tan distinta de antaño. Moitos elementos lembran a forte carga histórica que pervive, ó longo dos séculos, na zona;  como a fermosa e espléndida ponte romana, en pleno fucionamento tralo paso de tantos seculos e testemuño de tantas outras historias. A parroquia de Mañón está á marxe  esquerda do río Sor, unas augas que pasan tranquilamente por este punto de máximo luxo da Ponte romana do Porto. Os regatos gardan para o pescador a inocencia dunhas augas case virxes.
A parroquia de Santa María de Mañón ten a súa sede nos antigos lugares de Caión e da Igrexa. Por celebrarse aquí desde tempo inmemorial a feira, tamén se coñece como Campo da Feira.



Escola fundada pola Unión Mañonesa
Á saída  do centro do pobo queda o edificio monumental da Escola fundada pola Unión Mañonesa. A Unión Mañonesa foi fundada na Habana en 1909, a iniciativa dos emigrantes deste concello. Como moitas outras sociedades da emigración tivo entre os seus obxectivos a promoción da educación gratuíta. A Unión levou a cabo, ademais, un importante labor asistencial, axudando aos homes e ás mulleres do concello que emigraban a Cuba, e desenvolveu tamén accións destinadas á mellora e modernización da agricultura e da gandería ou á promoción da lectura.
Co tempo, a sociedade chegou a ter varias sedes en Cuba, así como noutros lugares onde se asentou a veciñanza deste concello.


Capela de Segade
A un par de quilómetros está o miradoiro e a área de lecer da “Augas Caídas”, lugar desde onde se contempla a fermosa paraxe que configura a fervenza natural de Augas Caidas e mailo seu abrupto e escarpado contorno. Para chegar basta seguir os sinais á saída do pobo.
Mais adiante seguindo pola estrada que nos leva  As Grañas do Sor atopamos varios desvíos que nos levan a  área de lecer da "Ponte Segade"  que é o claro expoñente  da consciencia dun don da natureza que se sabe aproveitar, dende aquí seguindo a pé polo sendeiro da marxe esquerda do río atopamola terceira área de lecer da parroquia, “O Muiño de Salustio” , pequeña pero fermosa que parece agochar os segredos dos tempos que foron.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario