Dolmen de Forno dos Mouros (A tradición oral refire que por San Xoán, cando saen tódolos encantos, pódese ver unha galiña cunha rolada de pitos de ouro. Á tardiña, volve desaparecer no interior daquelas pedras para gardar un ano máis, o seu tesouro inalcanzable.) ou Pena Branca, na Serra da Faladoira. Formado por sete ortostatos de cuarcita na cámara e dous no corredor. Mide 3,20 x 3 metros. Moi preto do Dolmen de Forno dos Mouros encóntrase o túmulo sobre o que está chantado un cruceiro monolítico de lousa que alcanza uns 2 m de altura. Coñécese como Cristo dá Faladora ou Cruz de Alvar González
e "parece simbolizar de xeito farto expresiva naquelas desoladas alturas, o triunfo do cristianismo sobre os primitivos cultos pagáns. Ata sería probable que a gran lousa de que foi recortado procedese da cuberta dalgún dos próximos dolmens!". É o único cruceiro galego sobre túmulo megalítico.
Un pouco máis adiante atopanse cinco túmulos que compoñen A necrópolis do alto da serra da Faladoira que están precedidos polo sur por un menhir de 3.88 m de lonxitude que podería ter servido como fito do camiño visible dende o Cristo dá Faladora. O monolito foi descrito por Barros Sivelo como menhir de demarcación, xa que por esta dorsal corre tamén o límite parroquial Ortigueira-Mañón.