Benvidos

"O Sor é un dos sete ríos do Paraiso".   (Alvaro Cunqueiro) 
As súas cabeceiras son o Santar e o Tras da Serra que se xuntan na Ribeira de Ambossores, a 294 metros de altitude, donde o leito principal comenza seu percorrido cara ó mar; O río Sor que  marca os lindes entre as provincias de A Coruña e Lugo. discorre polos concellos de Mañón, Ourol, Muras e O Vicedo  ó longo de once parroquias, de 49 quilómetros, recollendo no seu percorrido as augas da Gañidoira e das serras da Faladoira e Coriscada deica desaugar na ría do Barqueiro onde forma un amplo esteiro. Sendo as Grañas a parroquia máis bañada, cunha impresionante ribeira natural de 14,5 quilometros de lonxitude. polo que se considera a verdadeira capital do Río Sor. A maior parte do seu percorrido encóntrase acondicionado para o sendeirismo, a limpeza das súas augas e o acolledor das súas ribeiras ofrécennos espazos con senlleiro encanto, así como varias áreas recreativas moi ben acondicionadas para o descanso e esparexemento.
Hoxe e dende aquí quero que esta páxina  sexa unha porta de entrada ao Concello de Mañón  e en especial  AS GRAÑAS DO SOR e a os seus arredores, un concello fermoso, so fan falta tres palabras para describilo, SERRA, RÍO E MAR, entre costa e montaña, entre vento e marea e bañado polas augas do Sor, e tamén os seus afluentes, que discorren  entre fragas e bosques nos que abundan as especies autóctonas, e sucan profundos vales, de abundante vexetación, que contrastan coas arbustivas zonas altas da serra.



O potencial turístico do CONCELLO DE MAÑÓN é enorme. Isto débese ás envexables condicións de conservación do medio natural, onde aínda se poden encontrar fragas ou bosques con abundancia de especies autóctonas, ademais dos contrastes da paisaxe: Estaca de Bares, o parque eólico, as numerosas praias como Vilela ou Esteiro, áreas recreativas como a Ponte Segade ou as Ribeiras do Sor e o precioso pobo do Barqueiro, no esteiro do Sor, coas súas casiñas arredor do porto, formando unha das estampas máis líricas do litoral galego. As parroquias de montaña, Mañón e Grañas, non teñen ningunha aglomeración importante, só aldeas e lugares pintorescos entre as escondidas engurras das abas da serra. Son as fecundas augas doces do Sor as que sucan do sur ó norte, as súas accidentadas terras, nas que apenas hai un palmo de chaira. Este fío conductor une o silencio da serra da Faladoira co incesante e monótono son das augas do mar, que confunden, alá, os nomes de Atlántico e Cantábrico.
No aspecto histórico artístico, os primeiros poboadores deixaron a súa pegada en Mañón en forma de mámoas en Bares, e posteriormente, a necrópole romana situada no lugar de Cancela dá Coxa de Arcos, nas inmediacións do porto, así como a ponte do Porto, situada no antigo camiño Viveiro-Ortigueira. Destacan así mesmo as igrexas parroquiais, de S. Cristovo de As Ribeiras do Sor, Santa María de Mañón e a das Grañas do Sor. Como construcións civís de época moderna encontramos os pazos de S. Fiz e a Torre de Lama, na parroquia de San Cristovo de Ribeiras do Sor. Dentro do terreo encóntrase a maior plantación de camelias de Europa e a segunda do mundo. Son unhas 30 hectáreas, das 100 que ten o terreo, as que están ocupadas polas 200 variedades de camelias cultivadas nela, chegando a 400 as variedades coleccionadas procedentes doutros lugares.
Se seguimos o curso do Sor en sentido inverso e remontamos as súas fecundas augas, chegamos á parroquia que lle da nomee ao concello, chegamos a Mañón. Nesta zona érguese, no seu maxestoso cumio, a serra da Faladoira, lugar de nacemento de numerosas e variadas lendas populares. A Faladoira constitúe o anel máis ao norte do cordón galego que percorre toda a comunidade autónoma de norte a sur. Recibe o seu nome, segundo se di, do eco que producen unhas pena situadas preto dos seus puntos máis altos.

  • Se algunha persoa se sente molesta por aparecer nalgunha das miñas fotografías, pode mandarme un correo a "chuseta281317@yahoo.es", e a foto será suprimida.
  • As imaxes contidas neste blog están protexidas polas leis internacionais sobre a Propiedade Intelectual  e os dereitos de autor, e non poden ser total ou parcialmente copiadas, reproducidas ou transformadas  sen a  autorización previa do autor.  

1 comentario:

  1. ¡Carallorum, que marabilla de bloc!
    :)´

    (E que verbas tes en lingua galaica, tan boas; coma as daguerras que fas ca saca das vistas)

    Meus apreixos

    ResponderEliminar