O Río Sor

Areas de lecer ,    A Ponte de Arganzo,    Ribeira de Ambosores
 
O Sor e os seus afluentes sucan profundos vales, sen apenas deixar un palmo de terra chaira. Pero nútreos o suficiente para que reluzan cheos de abundante e apertada vexetación, de coidados cultivos e ricos pastos. O río Sor transita de revolta en revolta, coma se tivese prohibido discorrer en liña recta. Recolle as augas da Gañidoira e das serras da Faladoira e Coriscada. Din os entendidos, que o río Sor, é o único salmonero e troiteiro de Galicia.
Pero existen outras formas de coñecer estas ribeiras. O sendeirismo é unha delas, rutas deseñadas con precisión para alcanzar cos sentidos os máis prezados detalles dun ámbito natural totalmente agreste, tramos de augas revoltas e ruidosas dan paso a outros tranquilos, onde o son da auga se oe á distancia, aínda que segue alí, co sosego que ofrece perderse no medio do monte, confiando en que as indicacións sexan atinadas, e o fin do traxecto chegue antes que a noite...
Ponte Segade é unha das mellores mostras da recuperación de elementos naturais en perfecta harmonía.,
Augas Caídas, refuxio e merendeiro empolícanse nun canón onde o Sor se enclaustra nun terreo abrupto e escarpado.
Xa na planicie, máis singular é a Ponte do Porto, unha ponte romana, que había as veces de camiño real entre Viveiro e Ortigueira.
Son paisaxes dun río que baixa ao abeiro da serra para afundirse no Cantábrico e antes de perderse nesas augas, o Sor gaña en presenza. Faino a portas da vila mariñeira do Barqueiro.


Nos anos oitenta a asociación "Amigos do Sor", constituida con unha directiva de tódalas parroquias ribeiráns, fixo unha gran defensa do río e da súa cunca, xa que non se podía deixar nas mans do abandono a un dos rios Salmoeiro e troiteiro máis limpos de España.

As augas e os regatos do Río Sor,  contan con coutos troiteiros como o de Segade e Ribeiras do Sor, o resto da conca e afluentes é pescable a excepción das zonas de VEDADO que corresponden a un tramo de  desembocadura do río ponte de Ribeiras do Sor e Souto de Ribeira Xancedo de 1,6 km e na súa canle alta o regato SEGADE e os seus afluentes dende o seu nacemento ata a súa desembocadura no Couto de Segade Total 8,8 km,  outro tramo de vedado dentro da zona acoutada das Ribeiras do Sor, dende 200metros augas abaixo de Ponte Ulló  ata 200 metros augas arriba da presa de Rafael (0,8 Kms aproximadamente) As especies a pescar son TROITA e REO en número, medida e días inhábiles segundo a ordenanza anual da Lei Ordenanza da Xunta. Necesítase como en todas as augas galegas a Licenza Anual de Pesca. Non se necesita pagar Couto nesta zona libre.
As augas de este río gardan para o pescador a inocencia dunhas augas case virxes, motivo polo que o concello, consciente deste feito, e no seu empeño por unha aposta de futuro, está a fomentar os atractivos turísticos e para iso decidiuse a crear numerosa áreas de lecer, aulas de natureza e refuxios de pescadores  e a habilitar sedeiros polas veiras do Sor. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario