Amosando publicacións coa etiqueta Campos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Campos. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de novembro de 2015

Chegou o outono a O Pedrón


Tarde de outono, tarde de luces e sombras en O  Pedrón,  co paraugas nunha man e a cámara de fotos noutra, percorro ese kilometro que o separa de Pesegueiro,  teño que abrir o paraugas un par de veces, pero merece a pena, as luces e as cores son estupendos, engalánanse cos amarelos, ocres e laranxas de toda a variedade de árbores autóctonas que crecen neste lugar,  non me podo adentrar todo o que quixese nas leiras pois están pechadas con arame para evitar que se salga o gando e tampouco adentrome onde hai  masas grandes ou pequenas de árbores porque hoxe é sábado, día de caza, e  canto máis visible sexa mellor, polo que me limito a andar polos campos e os camiños, pero non por iso a tarde deixa de ser menos interesante, aquí déixovos unha pequena recompilación do que pode dar de se unha fermosa tarde de outono en O Pedrón.


Galiza outonal da decadencia,
fogueira de chama amortecida,
estraña lembranza desvaída,
mar ilimitado de paciencia.
Galiza vella, pobre herencia,
patria asoballada e ofendida,
mágoa arrepiante, sometida
a séculos de dor e impotencia.
Chanta, no fondo, boa semente,
impón o dereito de vivir
e ergue a túa voz iradamente.
Olla con firmeza o teu porvir.
¡Berra pola luz e pola xente
e comeza, sen máis, a combatir!
                                                            Manuel María , Poemas ao Outono (1977)

luns, 10 de marzo de 2014

En lembranza de María pequena

Alindaba na vaca, na beira do río, e de cando en vez, botaba unha toqueada


E lle falaban as berzas
e lle susurraban en sonos
seica nos esquecidos ollos
Coma serpes mansas
estiveron os canhotos
coidando cas súas lembranzas 
foran so antergos recordos

                                                    Bricd  
Este poema non estaba na entrada orixinal, é un comentario dun amigo, pero gustoume tanto que quero que todos o poidan disfrutar.
Gracias  Deícar.






sábado, 15 de febreiro de 2014

Casa no lugar de Ribeira de Ambosores (Concello de Mañón)

Este lugar coñecido como Ribeira de Ambosores e que territorialmente pertece ao Concello de Mañón (está pegadiño a Grañas do Sor) , pero eclesiásticamente forma parte da parroquia de Ambos-Sores, que da cordo coa demarcación parroquial do Obispado de Mondoñedo en 1895. esta formada por lugares de tres concellos (Mañón na provincia de a coruña e os de Muras e Ourol na provincia de Lugo) 

sábado, 25 de xaneiro de 2014

O CORAZÓN DO INVERNO

Esta é unha desas fotos, que me fan sentir especial, que me transmiten a beleza do inverno, nas beiras do río Sor, os que sodes de Grañas  do Sor,  ou vos desprazades a miúdo por esas fermosas paraxes sen dúbida recoñecedes o lugar, para os que non, direivos que é o val máis fermoso do río Sor, completamente sumido no abandono aquí están As Ribeiras do Bispo, o único que as salva de rematar cubertas pola maleza son eses cabalos que pacen polos campos, quen tivera cartos  e 20 anos menos, non dubidaría un momento en reconstruír o lugar, por iso quero compartila con todos vos.

luns, 18 de novembro de 2013

Outono no Cascón


                      Veo o tempo morno do Outono
                      Os días son tardes longas
                      O aire é unha cousa...

                      Todo ten ise xeito:
                      os tesos              
                      os soutos
                      alumados d'ouro
                      eu quedo
                      ollando ó mofo...
Uxío Novoneyra (Os Eidos)

sábado, 4 de maio de 2013

Currodéguas (1)


               Casa grande, tristura esfarelada,
               pousada de ratos e morcegos:
               se quixera alguén reconstruirte
               atoparía algo en tí que non
               se pode reconstruir xa nunca máis.
                                                Manuel María



domingo, 2 de decembro de 2012

mércores, 31 de outubro de 2012

martes, 28 de agosto de 2012

Este sendeiro que vai dende a Ribeira do Vispo ata preto de Arganzo. empezouse hai uns anos con fondos da Deputación da Coruña, pero a senda remata bruscamente (onde se acabaron os cartos),  no mes de Xullo déixeme caer por alí, pero só puiden chegar ata o final da pasarela de madeira da foto, as silvas cubrían o camiño e estaba intransitable, sei que estes días o concello de Mañón empezou a limpar os sendeiros, pero descoñezo se chegaron ata aquí, chamei por teléfono pero non souberon darme razón, e a verdade é unha pena, pois é un tramo dunha gran beleza natural e paisaxista.

mércores, 25 de xullo de 2012

domingo, 22 de xullo de 2012

O Candedo (Serra da Faladoira, Grañas do Sor, Cadrilla de Baixo), ao fondo o que se ve é a ría de Ortigueira