Amosando publicacións coa etiqueta Arganzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arganzo. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de novembro de 2015

"Outono no muiño de Arganzo (A Barcia) "

Tramo ro río encaixado na canle no muiño de Arganzo
O sábado  a mediodía baixamos ata a Barcia, tiña ganas de ver como lle sentaba o outono ao muíño de Arganzo, este ano ven tan cálido que as cores non teñen eses contrastes tan fermosos dos outonos secos e fríos, pero,  que se pode esperar, un sete de novembro  con 23º a una do mediodía nas beiras do sor?, o día espectacular,  un sol espléndido, os cabaliños do demo , verdes e azuis, voando por enriba das augas da canle do muíño,  era imposible fotografalos, non paraban quietos.





O Sr. José e a súa Dona, coma sempre saíron a saudarnos, a verdade é que viven nun lugar privilexiado, a propiedade conta con un muíño de tres séculos que segue en activo, agora so en contadas ocasións.  O Sr José   é o último dunha saga familiar de muiñeiros que se dedica a moer trigo e maínzo en Arganzo, este muíño, que antano facíase imprescindible,  aínda hoxe segue xerando a súa propia luz. Alí todo é artesanal, como nos seus inicios: as pezas vanse repoñendo, pero están elaboradas polo propio dono. A súa estrutura é simple: unha modesta edificación de pedra por cuxo interior discorre o tramo dun río previamente encaixado nunha canle que dá paso a unha especie de fervenza.


Cóntanos  José que antano os lugareños  baixaban ao muiño cunha moenda que chegaba aos 50 quilos a lombos dun burro por un camiño estreito, a congostra, onde sorteaban rutas que ían dende San Pantaleón, pasando por Ambosores, na provincia de Lugo, ata As Grañas. e nas festas máis importantes da zona, San Antonio, San Pantaleón e San Mamede, o forno non cesaba de cocer en tres días: cociñábanse durante estas festividades case un centenar de doces dunha repostaría única na zona: roscón de anís, biscoito, brazo de xitano, torta de améndoa e mazá, empanada... A nai de José poñía a fariña e cada un dos asistentes, o que podía achegar á celebración.

Hoxe, de novo, o Sr. José ensinounos o muíño, e púxoo a moer para nós. E como en ocasións anteriores, convidounos a volver  de novo.
Hai uns anos na Voz de Galicia saíu unha reportaxe sobre o muíño de Arganzo.





O río confundese coa paisaxe do bosque 


A cancela está botada, O nabal medra amodiño. Velo? semella un pano de terciopelo verde


Abrese a porta, sae o muiñeiro con media fanega de trigo, doulle dez pesetas, a boto ao lombo , dou media volta e perdome na fraga, atopome desafiante e fermosa, viva.



martes, 25 de decembro de 2012

Si ides polo sendeiro inacabado que vai dende as Ribeiras do Bispo a Arganzo podedes disfrutar de paraxes tan fermosas como estas.

martes, 28 de agosto de 2012

Este sendeiro que vai dende a Ribeira do Vispo ata preto de Arganzo. empezouse hai uns anos con fondos da Deputación da Coruña, pero a senda remata bruscamente (onde se acabaron os cartos),  no mes de Xullo déixeme caer por alí, pero só puiden chegar ata o final da pasarela de madeira da foto, as silvas cubrían o camiño e estaba intransitable, sei que estes días o concello de Mañón empezou a limpar os sendeiros, pero descoñezo se chegaron ata aquí, chamei por teléfono pero non souberon darme razón, e a verdade é unha pena, pois é un tramo dunha gran beleza natural e paisaxista.