Tarde de outono, tarde de luces e sombras en O Pedrón, co paraugas nunha man e a cámara de fotos noutra, percorro ese kilometro que o separa de Pesegueiro, teño que abrir o paraugas un par de veces, pero merece a pena, as luces e as cores son estupendos, engalánanse cos amarelos, ocres e laranxas de toda a variedade de árbores autóctonas que crecen neste lugar, non me podo adentrar todo o que quixese nas leiras pois están pechadas con arame para evitar que se salga o gando e tampouco adentrome onde hai masas grandes ou pequenas de árbores porque hoxe é sábado, día de caza, e canto máis visible sexa mellor, polo que me limito a andar polos campos e os camiños, pero non por iso a tarde deixa de ser menos interesante, aquí déixovos unha pequena recompilación do que pode dar de se unha fermosa tarde de outono en O Pedrón.
Galiza outonal da decadencia,
fogueira de chama amortecida,
estraña lembranza desvaída,
mar ilimitado de paciencia.
Galiza vella, pobre herencia,
patria asoballada e ofendida,
mágoa arrepiante, sometida
a séculos de dor e impotencia.
Chanta, no fondo, boa semente,
impón o dereito de vivir
e ergue a túa voz iradamente.
Olla con firmeza o teu porvir.
¡Berra pola luz e pola xente
e comeza, sen máis, a combatir!
Manuel María , Poemas ao Outono (1977)
Ningún comentario:
Publicar un comentario