Amosando publicacións coa etiqueta Cogumelos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cogumelos. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de novembro de 2015

Chegou o outono a O Pedrón


Tarde de outono, tarde de luces e sombras en O  Pedrón,  co paraugas nunha man e a cámara de fotos noutra, percorro ese kilometro que o separa de Pesegueiro,  teño que abrir o paraugas un par de veces, pero merece a pena, as luces e as cores son estupendos, engalánanse cos amarelos, ocres e laranxas de toda a variedade de árbores autóctonas que crecen neste lugar,  non me podo adentrar todo o que quixese nas leiras pois están pechadas con arame para evitar que se salga o gando e tampouco adentrome onde hai  masas grandes ou pequenas de árbores porque hoxe é sábado, día de caza, e  canto máis visible sexa mellor, polo que me limito a andar polos campos e os camiños, pero non por iso a tarde deixa de ser menos interesante, aquí déixovos unha pequena recompilación do que pode dar de se unha fermosa tarde de outono en O Pedrón.


Galiza outonal da decadencia,
fogueira de chama amortecida,
estraña lembranza desvaída,
mar ilimitado de paciencia.
Galiza vella, pobre herencia,
patria asoballada e ofendida,
mágoa arrepiante, sometida
a séculos de dor e impotencia.
Chanta, no fondo, boa semente,
impón o dereito de vivir
e ergue a túa voz iradamente.
Olla con firmeza o teu porvir.
¡Berra pola luz e pola xente
e comeza, sen máis, a combatir!
                                                            Manuel María , Poemas ao Outono (1977)

sábado, 10 de outubro de 2015

Os cogumelos das boñigas

Estes son fungos estercoleros, as suas esporas germinan no estiércol dos rumiantes (vacas, cabalos, ...), en lugares asollados, durante a época de choiva, finais de setembro, outubro. A combinación da fermentación-descomposición do estiércol coas choivas e temperaturas elevadas fai que as esporas germinen e creza o micelio que logo produce cogumelos..
  
Estas fotos son feitas nos pastizales de Rosa e Orlita en Pesegueiro.