Según nos conta Cefucho no seu libriño " As Grañas do Sor o esplendor dunha parroquia rural (1940-1970).
Onde se atopa hoxe esta Cruz, frente ao Centro Social, habia antigamente unha encrucillada de camiños que partian con dirección a Casateite, O Candedo e a Fonte dos Frades. A primeiros dos anos 40 neste lugar, Cándida e Ramil -matrimonio con tres fillos- mantiveron aberta unha taberna nun caseto de madeira tapado cunha lona das mallas, mentras Xoán de María -o contratista- non acababa de poñer a cuberta da casa nova. A base deteriorada desta cruz, que vedes nas fotos, facía de mesa debaixo do toldo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario