domingo, 2 de xuño de 2013

"Os demos do Barqueiro"

Na miña casa teño estantes cheos de libros e entre eles un moi especial, é especial porque me leva polos "Camiños máxicos polo noroeste de Galicia", titulase "DE LENDA EN LENDA", e está escrito por Esperanza Piñeiro e Andres Gomez Blanco, e hoxe compartirei con vos un anaquiño do mesmo.
"Os demos de OBarqueiro", chamase o conto ou lenda, e comenza así.
A ría do Barqueiro ten unha beleza sempre diferente, cambiante. Segundo as nubes e o sol, a hora e a marea, adquire formas, cores e matices diferentes.
O mar entra nela e semella formar meandros mariños, pois vai minorando o paso tal vez para millor contemplar a praia do Caolín de O Vicedo (é espectacular o contraste da cor das augas azul-verdoso e o da area branca) e as suas dispersas edificacións,
(Non mente no nome porque o debe a un antigo lavadoiro deste material por alí asentado. A finura da súa area extraordinariamente branca, así como a vexetación que ten arredor convértena nunha praia multitudinaria a pesar do seu escaso tamaño, podería ser un paraíso onde perderse.)
 as casas do Barqueiro descolgándose ladeira abaixo ata o porto,
a praia de Arealonga no fondo, e as augas doces do río Sor que lle saen ó encontro tamén a modiño, despois de rodear unha illa e de pasar baixo tres pontes.
Destas tres pontes. a máis antiga é a metálica, (a que está no medio)  rematada en 1901. Ata esta data o paso do río había que facelo en barca. Os viandantes, a pé ou nunha besta chegaban á ribeira e debían ir avisar ó barqueiro á súa casa do porto.
Conta a lenda que na ribeira de enfronte, Na coba chamada de Monte Furado,
erosionada polo mar, se reunían trasnos e demos a facer troulas e foliadas. O barqueiro sabía, como xa sabemos nós, que os demos temen as augas do mar por consideralas sagradas, e non se meten nelas. Por iso, barqueiro e pasaxeros mofábanse deles, do seu aspecto, de que se tiñan medo mollar o rabo, de que se non sabían nadar... E os demos rabeaban, pero non se atrevían a pasar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario