domingo, 9 de xuño de 2013

2ª Xornada de Inspección do río Sor.

Hoxe Nordés, a Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora, xunto coa Asociación Cultural "O Son do Sor" organizan unha actividade no maravilloso entorno do río Sor, concretamente no lugar da Ponte Segade (Mañón) e con hora de comenzo ás 11 da mañá.
A devandita actividade consiste nunha ruta interpretativa guiada por Antonio Martínez, técnico en xestión e organización dos recursos naturais, co obxectivo de que os asistentes coñezan, ou escomencen a coñecer, as diferentes especies de árbores e prantas que se poden atopar polo entorno.
Despois do xantar, que será na zoa recreativa da mesma Ponte Segade, procederase á inspección do río Sor, 2ª que se fai dentro da campaña de primaveira do Proxecto Ríos, no cal Nordés inscribiu a este río para saber da súa situación actual e, si fose necesario por conta de atoparse algún problema, plantexar medidas correctoras.
A inspección estará nesta ocasión dirixida por Efi Penabade, bióloga, monitora do Proxecto Ríos é, coma Antonio Martínez, membros de Nordés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario