sábado, 25 de maio de 2013

A Lanterna de Punta da Barra


No fondo da ría entre o bancal areento da praia de Arealonga  ( no concello do Vicedo) que cobre e descobre coa marea e a balizada Punta dá Barra, coa súa luz sectorizada,  é a mellor axuda para entrar pola noite pola canle do Sor ata o porto do Barqueiro.
O esteiro é navegable ata un pouco máis dentro das instalacións portuarias, onde as condicións " sine qua non" son: entrar con marea alta, non ter máis de 1 m de calado e navegar sempre pola súa vertente, é dicir, pegado á Punta dá Barra.


1 comentario:

  1. Lanterna que descobres a barra
    coma unha vagulume a beira
    aspera pola súa parella
    a chegada carregada
    dos bous e das vacas
    Ainda tes alume pra
    unhos e outras...
    Gosto desas daguerres :]

    ResponderEliminar