domingo, 25 de outubro de 2015

Aqui naceu "Pola volta do Sor"

Vedes a foto do hórreo, xa é vella (do ano 2006), esa foto namórome, fíxome sentir a necesidade de coñecer esta terra, palmo a palmo, o meu día a día non mo permite, pero non perdo a esperanza de pouco a pouco internarme máis e máis nesa parroquia e nos seus arredores, Uhna foto sinxela, unha árbore xigantesca en todo o seu esplendor e un hórreo case en ruínas, feita unha tarde de verán, pero impáctome, e quixen volver en outono e repetila, quixen vela coas cores de outono, pero non tiven a oportunidade, pero esta primavera volvín de novo un día cuberto de néboa e vino e sentín tristura e pena porque un día quizais non moi afastado xa non estará aí, xa non quedará nada, tan so algunha que outra pedra esparcida polo chan,  pero gustoume o que vin e cada vez que pase polo Pedrón,  mentres quede algo do vello hórreo eu volverei.
A  foto xa é repetida está noutra entrada, pero creo que tiña que poñela de novo, e que este era o momento adecuado.


2 comentarios: