domingo, 3 de novembro de 2013

Pastoral

Campeiro no lugar de Labrada
               Non hai nengun oficio tan fermoso
               como o de pastorear lembranzas,
               abrir o sentimento cara
               a flor dos días máis felices
               que recenden a liño fresco,
               a mazá reineta e a nostalxia.
               Uso dos meus outonos, mentres
               vou pouco a pouco envellecendo,
               reviver paisaxes coñecidas
               e alumiarme por dentro: iluminarme
               co resplandor da luz que máis amei.
                                                             Manuel María.

2 comentarios:

  1. Nesas andaba, nesas mesas
    nos apoios dos pes e dás mans
    fariñentas de cando era un rapaz
    toleando polas eiras
    Soamente ou tempo fixo que ou levara
    máis aló co vento leva as pallas
    E logo morreu a paisaxe
    e logo finaron as lembranzas
    Xa se me vai esquenzo
    Xa non me lembro...

    [As parolas do Manoel Marica sonche dunha fermosura incontabel; mais é moito máis a túa daguerre feita.
    Cos tempos das farinhadas, nas costelas as sacas e rubindo os lombeiros nas burras,
    carrouchos acima, cas boinas caladas do suor enchidas.
    Entón un raparigo pequenote e cativo no muinho toda a noite apañaba
    farinha e grao pras xentes dos luares, pras xentes das aldeias.
    Tráxicas vivenzas do que vai morrendo aos poucos, xa perdendo nos miolos
    a mamoria que pouca lle fica nas vagoas dos seus ollos]

    Eu tomariálle a palabra doutra entrada vosa dada,
    Para visitar do Sor as ribeiras
    Ao carón das augas mansas, das augas quedas
    onde a frescura fai feitizos polas mañás cedo, na aurora
    ¡Quen fora liberto; quen, minha dona...]


    Deica entón :|´

    ResponderEliminar
  2. Una toma fantástica Chus, que encuadre y edicción más bonita, te quedo genial.
    Gracias Chus por pasarte por el blog y perdona que no te contestara antes, la verdad es que no tengo mucho tiempo par el blog intento actualizarlo cuando puedo.
    Saludos.

    ResponderEliminar