domingo, 21 de abril de 2013

SENDEIROS DO SOR, do cruzamento da Cruz da Cal Do Macho á Ribeira de Ambosores

 Cando o pasado ano estiven na Cruz da Cal do Macho, Lolita de Insua díxonos que se tomabamos o sendeiro que hai á dereita da Cruz chegariamos ao río Sor e de alí a Ambosores, dixo que se andaba bastante ben e claro está quedeime coas ganas, e a  primeira oportunidade que tiven  me lancei de cheo, baixamos durante ben media hora ata chegar ás beiras do río polo medio dunha fermosa Fraga.


As árbores empezaban a cubrirse de follas, por algúns sitos o camiño é bastante pendente, pero paga a pena, este tramo do río non o coñecía e é un dos máis fermoso, as augas limpas e cristalinas acompañáronnos durante todo o traxecto.



2 comentarios:

  1. Un lugar impresionante, unas fotos maravillosas.

    ResponderEliminar
  2. Qué fermoso! Non coñezo o río Sor tanto como debera, pero é desos lugares ós que sempre pensas ir cando teñas tempo. Encántame o concello de Mañón en xeral.
    Saúdos!

    ResponderEliminar