Se vas pola veira do río, polo sendeiro que che leva dende as Ribeiras do Vispo ata o refuxio do Cascón ao chegar a onde remata o regato do Rosario, cando se xunta co río Sor, atopanse os restos do que se coñece como Muiño do Zorro, e ao seu carón o que queda da pedra de moer.
O muíño é refuxio,
de gardas e bandoleiros,
de almas que andan perdidas,
de ladróns e de romeiros.
Este vello muiño foi un dos escondedoiros do grupo de Neira, en total uns 15. (Os irmáns Neira, José e Amandino, escaparían xunta outros mozos da veciñanza, por non seren alistados no bando nacional, todos eles eran das comarcas dos arredores)
Sacas unhas fotos ben curiosas, Chus.
ResponderEliminarBicos.